Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continuas navegando consideramos que aceptas o seu uso.
Podes obter máis información aquí.

Aceptar
Bembrive - Poboación
Poboación
Bembrive ten una poboación de 4.427 habitantes en censo do ano 2013, cunha densidade poboacional de 481,19 hab./Km², sendo a segunda parroquia de Vigo con menor densidade despois de Zamáns.

A parroquia de Bembrive subdivídese en unidades denominadas barrios e por debaixo destes están os lugares. Os barrios son unha subdivisión ligada aos asentamentos poboacionais, e xorden nas zonas onde aparecen asentamentos humanos, pola contra os lugares non están estritamente relacionados co asentamento humano.

En Bembrive existen oito barrios históricos, estes son os barrios de Baruxáns, Carballal, Chans, Mosteiro, Outeiro, San Cibrán, Segade e Xestoso. Nas últimas décadas foron aparecendo novos barrios a medida que foi aumentando a ocupación do territorio, polo que a dia de hoxe as administracións públicas engadiron, aos barrios históricos, os barrios de nova denominación de Xesteira, Recaré, Mouteira, Freires, Arieiro, Eifonso, Mourelle e nalgúns casos Lameiro, aínda que este ultimo non se considera na maioría dos casos xa que correspondería mais á parroquia veciña de Sárdoma.

Todos estes novos barrios poden encadrarse dentro dos oito barrios históricos, xa que na maioría deles existiu o asentamento humano antes da denominación de barrio, a excepción do barrio do Arieiro, onde os asentamentos aparecen nas últimas décadas. De este xeito, cando se fale dos barrios de Bembrive, analizarase a división en barrios a través de dous enfoques, o que ten en conta só os barrios históricos cos novos incluídos nos primeiros e o que comprende os barrios actuais, os históricos máis os novos. Hai que ter en conta que a enumeración dos barrios actuais faise en moitas ocasión dende as administración co obxectivo de estudar o territorio a nivel estatístico e non asegura un estudo profundo do territorio, polo que na presente disertación óptase polo emprego da división histórica.

Para a análise da división en unidades poboacionais da parroquia de Bembrive a través dos barrios históricos ou tradicionais, terase en conta a inclusión dos novos barrios nos tradicionais.

Os lugares dividen a parroquia en unidades máis pequenas que os barrios, pero non se debe entender esta estrutura coma unha xerarquía, senón como subdivisións paralelas, pois un mesmo lugar pode pertencer a mais de un barrio, e incluso a diferentes parroquias. Cando se tenta localizar e denominar os lugares, aparece a dificultade de que non existe consenso nin na denominación, nin na localización, nin nos límites dos mesmos. Esta diferencia de criterio atópase entre administracións, estudos e entre os propios veciños da parroquia.

Os datos de poboación de Bembrive por tramos de idade e por barrios pódense atopar clicando nos seguintes enlaces (fonte: oficina de Estatística do Concello de Vigo):

http://bembrive.org/uploads/padron hab. bembrive por barrios e sexos 2023.pdf 

http://bembrive.org/uploads/datos estatisticos poboación bembrive 2019-2020.pdf 

Rexistro

As Asociacións e Empresas poden rexistrarse para disfrutar do seu propio espazo privado na nosa web. Envía o formulario de solicitude e, unha vez revisado, enviarémoste os teus datos de acceso. Moitas grazas por colaborar!


Close