Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continuas navegando consideramos que aceptas o seu uso.
Podes obter máis información aquí.

Aceptar
Bembrive - Entorno
Entorno

O relevo de Bembrive é principalmente irregular, sen accidentes xeográficos de relevancia. As cotas van dende os 50 metros sobre o nivel do mar ate os 500 m. As máis baixas localízanse no extremo mais noroccidental da parroquia, no barrio de Baruxáns, coincidindo cos terrenos mais chairos da parroquia; e as cotas máis altas localízanse no estremo sur da parroquia, nos terreos mais accidentados, en zonas despoboadas correspondentes ao monte das Campanas e próximas a Cidade Universitaria de Vigo, fora xa do límite parroquial.

As cotas de altitude dos terrenos da parroquia van ascendendo dende o extremo noroccidental, de xeito continuado, até os extremos norte, este e sur, elevando as cotas a medida que se achegan aos imites parroquiais, configurando o espazo de transición entre as zonas altas do val do Fragoso e as zonas mais chairas do mesmo.

A parroquia de Bembrive esta inzada de pequenos regueiros e regos, xa que é unha zona de transición entre as partes altas do val do Fragoso e as zonas mais chairas onde estes cursos de auga converxen en ríos de mais entidade. Por ese mesmo motivo, os rios existentes na parroquia son poucos e de importancia relativamente baixa.

Podemos distinguir coma rios da parroquia ao río Mosteiro e ao río Eifonso, do que é afluente o primeiro. O rio Mosteiro formase a partir de dous cursos de auga, un que nace na zona do barrio de Xestoso e outro que nace na zona da Pedra Aguda, converxendo ambos na zona dos Freires para pasar polo barrio do Mosteiro, do cal toma o nome, e desembocar no barrio de Eifonso no río de mesmo nome que o barrio.

O rio Eifonso é o máis importante da parroquia de Bembrive e o único ao que non se lle discute o estatus de río, aínda que non é un río nin extenso nin caudaloso, a súa importancia radica en ser un dos principais afluentes do río Lagares, que é o río máis importante do concello de Vigo. Dentro do territorio parroquial, o val polo que transcorre ten a súa importancia a nivel de relevo, pendentes e orientacións, tal coma describimos no apartado anterior.


Rexistro

As Asociacións e Empresas poden rexistrarse para disfrutar do seu propio espazo privado na nosa web. Envía o formulario de solicitude e, unha vez revisado, enviarémoste os teus datos de acceso. Moitas grazas por colaborar!


Close